VENRES 1 DE SETEMBRO ÁS 19:00 h. >In situ >>Capacidade limitada >>Consigue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3sslThg

Baixo a dinastía “Tang”, a China do século VII gardaba celosamente un segredo que o mundo enteiro desexaba coñecer: a fabricación da seda. En ningún outro lugar se sabe como conseguir este pano iridiscente, máis raro que o xade e máis precioso que o ouro. Por iso, ao longo de toda a Ruta da Seda chegarán á China numerosas expedicións con homes e ideas moi diferentes que tentarán arrincar ao imperio o seu ben máis querido: a seda. A emperatriz da seda é unha novela de emocionantes aventuras que implica o encontro de Oriente con Occidente, o contraste de culturas e relixións, pero tamén e principalmente: unha novela de amor…