Venres 13 de xuño — 19:00 h.
Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/44gtHES
ou por whatsapp: 620 972 419
Unha lectura que retrata a loita pola dignidade e os anhelos de liberdade de toda unha xeración.
No Berlín da República de Weimar, ao bordo do ascenso do nazismo, “Irmáns de sangue” de Ernst Haffner mergúllanos na crúa realidade dun grupo de mozos que sobreviven nas rúas. Orfos da Gran Guerra, estes “irmáns de sangue” aférranse á camaradería e ás súas propias regras para enfrontar a fame, a pobreza e a violencia dunha sociedade que os marxina.
A novela, prohibida polos nazis, é un retrato visceral dunha mocidade abandonada á súa sorte, que busca desesperadamente un lugar nun mundo que se desmorona. Un relato sobre a lealdade, a supervivencia e a perda da inocencia en tempos escuros.
Leave A Comment