Venres 22 de marzo, de 19:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado.

Achega voluntaria dun 1 kg. de alimentos non perecedoiros para o proxecto «1 quilo de sorrisos».

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/4a0mbNU

Descobre o poder da túa mente!

Sabías que as túas crenzas poden influír na túa saúde e benestar?

A bioloxía da crenza, unha nova e revolucionaria área da ciencia, revélanos que a mente ten un poder extraordinario sobre a materia.

Coñecemos moi ben as leis da materia e podemos explicar moitos fenómenos físicos e químicos pero descoñecemos na mesma medida que é a mente e que leis a gobernan. Moito mellor que fantasear con desenvolver habilidades milagrosas, sería poder dominar a nosa mente e polo tanto, o noso corpo, que é a materia prima para poder manifestarnos no mundo e moldear a nosa vida ao noso criterio.