Venres 13 de febreiro — 19:30 h.

Consegue a túa entrada* gratuíta: https://bit.ly/49IACb4

ou por whatsapp: 620 972 419

Nun mundo cheo de ruído, présas e estímulos constantes, o pensamento tibetano convídanos a deternos i escoitar.

Esta charla-coloquio é unha porta de entrada á filosofía do Tíbet, unha tradición milenaria que propón o silencio, a atención e a compaixón como camiños para comprender a vida e a nós mesmos.

A través dunha linguaxe clara e accesible, exploraremos ideas esenciais do pensamento tibetano: a mente, o sufrimento, a impermanencia e a posibilidade dunha sabedoría interior que xorde cando aprendemos a escoitar máis aló das palabras. Non se requiren coñecementos previos, só curiosidade e apertura.

A Voz do Silencio non é algo afastado nin abstracto: é esa dimensión profunda que aparece cando aquietamos a mente e miramos con maior claridade.

Esta charla-coloquio propón un espazo de reflexión compartida, diálogo i encontro, onde filosofía e experiencia cotiá entrelázanse.

Unha invitación para parar, escoitar e descubrir que pode ensinarnos o silencio na nosa vida diaria.

*Achega voluntaria dun quilo de alimento non perecedoiro para o proxecto de voluntariado «1 kg de sorrisos».