Venres 17 de marzo, ás 19:30 horas.
Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3XCOY4u

Desde tempos inmemoriais, os soños concibíronse como posibles mensaxeiros desde outros planos de conciencia, cuxa interpretación era posible para seres especiais como Meigos, Gurús ou Mestres.

En sabias e milenarias civilizacións, homes e mulleres acudían a eles en busca de axuda para a comprensión de signos e símbolos que facían aparición no seu mundo onírico para poder enfrontarse a unha decisión importante, a unha enfermidade ou a unha circunstancia adversa.

Hoxe en día, a ciencia e a filosofía ábrennos as súas portas para que descifrar os enigmas da súa Linguaxe, estea ao alcance de todos.

Non te perdas a nosa charla coloquio e descobre un pouco máis sobre ese mundo simbólico.