Venres 16 de xuño, ás 19:30 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/42rfa4H

Este tema da Reencarnación é fundamental porque é un dos temas que abarca a Filosofía, ou sexa, a procura da Sabedoría.

Hoxe, na nosa actual civilización, existe un gran desenvolvemento da ciencia, i en especial da técnica. Con todo, houbo outras épocas e outros tempos; outros homes e outros pobos que tiveron máis tempo ou máis predisposición, ou máis gusto por estas cousas.

E hoxe, seguímonos facendo unha pregunta vella que xorde de beizos novos: que pasa connosco?, que pasa coa nosa vida?; quen somos?, de onde vimos?, onde imos? volvemos de novo a este mundo?…