Moitas veces actuamos de forma impulsiva. Qué sucedería se puidésemos engadir intelixencia ao noso mundo emocional irracional?

VENRES 24 DE FEBREIRO DE 2023, ÁS 19:30 HORAS.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta:  https://bit.ly/3X7sTuw

Dentro das intelixencias múltiples, a intelixencia emocional é a que máis utilizamos no día a día. A comunicación asertiva, o traballo en equipo, a empatía e o liderado son conceptos que quedan englobados nesta intelixencia, que se pon a proba na relación cos demais e connosco mesmos. A educación das emocións levaranos, pois, ao necesario desenvolvemento interior.