VENRES 13 DE XANEIRO DE 2023, Ás 19:30 HORAS.

Presencial. Aforo limitado.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3V1ZEs6

“O futuro da humanidade iluminarase cando a ciencia se espiritualice e a espiritualidade sexa científica”, pero por agora non é así, e preguntas moi importantes achegadas ó universo, á natureza e ó ser humano están sen responder:

A mente e o cerebro son o mesmo?

Existe a mente máis aló do cerebro?

O Universo posúe mente do mesmo xeito que nós?

A Natureza é intelixente ou cega?

Hai uns principios esenciais e estables que deberiamos coñecer para conseguir un mundo “habitable”, máis xusto, belo e humano?

Necesitamos trazar pontes entre ambos os territorios para abrir un camiño de coñecemento, de pensamentos máis certeiros que guíen os nosos pasos cara ás metas que realmente queremos, superando a escuridade, o caos e o sufrimento xeneralizados no momento histórico presente.