Unha fábula espiritual que, dende hai un cuarto de século, marcou a vida de máis de 5 millóns de persoas en todo o mundo.
VENRES 27 DE XANEIRO DE 2023, DE 19:30 A 21:00 HORAS.
Presencial. Aforo limitado. Consigue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3IIwg7I
“O monxe que vendeu o seu Ferrari” (1997) é a historia de Julian Mantle, avogado que alcanzou o cumio da súa profesión, pero á conta dun gran desgaste persoal que acaba por levarlle a un infarto de miocardio.
Tras acharse ao bordo da morte, decide romper co seu modo de vida, desposuíndose de todas as súas posesións materiais, e inicia unha procura de si mesmo e da súa proxección cara aos demais que lle leva aos Hymalayas, onde contacta cunha comunidade de mestres espirituais, chamada os “Sabios de Sivana”.
Consegue que o acepten como discípulo, sendo o seu mestre directo o yogui Ramán, quen lle ensina os fundamentos dunha vida autodisciplinada e feliz a través do dominio de si mesmo e da súa entrega aos outros.
Entre outros ensinos, o seu mestre transmítelle as 7 virtudes eternas da vida esclarecida e pídelle que, á súa vez, el as difunda polo mundo occidental.
Esperámosvos para tentar profundar no ensino que nos transmite Robin Sharma no seu libro máis coñecido.
Leave A Comment