Venres 16 de febreiro, de 19:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3St7jjR

Achega voluntaria de 1 kg. de alimento non perecedoiro para o proxecto de voluntariado “1 quilo de sorrisos”.

Descobre o poder da autoestima!

A autoestima desempeña un importantísimo papel nas eleccións e decisións chaves que dan forma á nosa vida.
Nesta charla veremos que sempre é posible desenvolver unha autoestima positiva e como é posible fomentala nos nosos fillos, apoiala nas nosas escolas, alentala nas organizacións e desenvolvela nun mesmo.