Venres 21 de outubro, de 19:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado.

Consegue a túa ENTRADA GRATUÍTA: https://bit.ly/3Vh9SGH

Filósofos, teólogos e grandes sabios de toda época tentaron expoñer a súa visión sobre a natureza de Deus.

Algúns aventuraron a demostración sobre a súa necesaria existencia, máis ou menos acertada ou rebatida. Con todo, cabe preguntarse se o ser humano está capacitado para desentrañar ese misterio ao que chamamos Deus. Para iso, abordaremos as distintas maneiras de concibir a Deus e de interpretar a súa natureza. É aquilo ao que recorremos cando a vida vai mal? É un produto artificial fabricado pola nosa mente ou unha realidade incuestionable?

Charla ofrecida por Nova Acrópole Vigo en colaboración co Espazo Gran Vía.