En «Así falou Zaratustra», Nietzsche vía o home no centro, no medio, como un punto entre o ceo e a terra. É a capacidade do amor e de superación de si mesmo o que fai del unha ponte, un lazo de unión.
VENRES 14 DE XANEIRO DE 2022, Ás 19:30 HORAS.
Presencial. Aforo limitado. Entrada gratuíta.
Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3GOzjHj
«Así falou Zaratustra», o libro máis soado e controvertido de toda a obra de Friedrich Nietzsche, sérvese da figura semilexendaria de Zoroastro, filósofo persa do século VI a. C., para desenvolver, mediante unha trama de elementos narrativos, conceptuais e líricos, os 4 grandes temas que integran o seu legado:
o superhome, a morte de Deus, a vontade de poder e o eterno retorno do idéntico.
Leave A Comment