Venres 15 de setembro, ás 19:30 horas.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/487g2PI

Achega voluntaria de 1 kg de alimento non perecedoiro (Proxecto de voluntariado).

In situ. Aforo limitado.

Cada vez que xurde unha nova tecnoloxía relacionada coa comunicación entre os seres humanos, prodúcese un interesante proceso de discusión sobre os seus perigos, as súas carencias, os seus efectos indesexados…

É o que está a ocorrer agora co que poderiamos cualificar como «a extensión da nosa intelixencia», que esperta preocupacións varias. Sobre elas debateremos na nosa próxima charla.