Venres 8 de abril, de 19:30 A 21:00 horas.
Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa ENTRADA GRATUÍTA: https://bit.ly/3KSRYnE
Co seu método de curación, a ” logoterapia”, este sabio humanista axudou a milleiros de persoas a atopar un sentido á vida.
«O home en busca de sentido» relata as vivencias persoais do psiquiatra Viktor Frankl dentro dun campo de concentración nazi. Nesta obra o autor desenvolve unha visión na que o home necesita algo que dea sentido á súa vida para vivila plenamente, proxectándose cara adiante sen mirar cara atrás.
Viktor Frankl traballou a psicoloxía humana dentro dun campo de concentración. Nesta situación, comprobou que a persoa pode optar por sumirse na desesperación, ou aproveitar as dolorosas experiencias para superarse a si mesma. Frankl cría que os acontecementos poden condicionar, pero o pensamento sempre será libre.
Viktor Frankl atopou o sentido da súa vida axudando aos demais a atopar o seu. A súa filosofía de vida axudoulle a enfrontar o sufrimento e a morte con dignidade.
Leave A Comment