VENRES 25 DE FEBREIRO, DE 19:30 A 21:00 HORAS
En ESPAZO GRAN VÍA: Avenida Gran Vía, 2 – 3º esquerda, VIGO.
Presencial. Aforo limitado. Entrada gratuíta.
Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3gFc2fO

” Siddhartha”: publicada no ano 1922, é unha das obras literarias máis lidas no século XX , e foi escrita polo premio Nobel de literatura de 1946, o escritor alemán Hermann Hesse.

Ambientada na India Tradicional, na época do Buda, Siddhartha é o fillo dunha familia de brahmáns, que non atopa por medio da relixiosidade regulamentada unha forma de satisfacer as súas ansias de verdade, de atopar o sentido profundo da vida, nin a súa propio ser interior.