Venres, 8 de outubro ás 19:30 h.
Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3kK2B1G

Nesta charla expoñeranse algunhas claves de interpretación da inmortal novela de Antoine de Saint- Exupéry.

O Principiño é un deses libros cuxa lectura permite descubrir unha mensaxe que chega directamente á Alma. Non estamos ante un mero conto para nenos, senón que se esconde nas súas páxinas unha profunda mensaxe humanística e filosófica, expresado con palabras sinxelas e poéticas.