Xoves 10 de outubro, de 19:30 a 21:00 horas. 

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3TsH5zr

Estamos os seres humanos predestinados ou somos libres para crear o noso propio destino?

Somos donos das nosas vidas ou estamos arrastrados por unha forza superior?

Convidámosche a participar nesta charla e a descubrir novas perspectivas sobre un dos dilemas máis profundos e antigos da humanidade.

Para garantir o bo funcionamento da actividade e evitar interrupcións, rógase puntualidade. Non se deixará entrar a ninguén pasados 10 minutos desde o seu inicio. Grazas pola comprensión.

Conferencia impartida por D. Enrique Galbis (N.A. Barcelona).