Xoves 29 de febreiro, ás 19:00 horas.

Tel/Whatsapp/ Telegram: 62072419

Avda. Gran Vía 2 – 3º , Vigo.
Tel. 986 260 610 – 620 972 419

A quen vai dirixido o curso:
A súa forma, sinxela e profunda á vez, permite que calquera persoa poida seguilo.

Descrición:
Este curso fai un percorrido sintetizado polos coñecementos máis significativos das civilizacións de Oriente e de Occidente.

Obxectivo:
Ser unha fonte de inspiración para afrontar as grandes preguntas do ser humano, cos seus retos persoais e colectivos.

Contidos:
Coñecemento do ser humano
• Ética: harmonizar pensamento, sentimento e acción.
• Que é a vida? Que é a morte? (Filosofía da India: Bhagavad Gita)
• Importancia da acción altruísta: A lei de acción -reacción á vida (Filosofía da India)
• Criterios para unha escala de valores: distinguir os valores duradeiros dos pasaxeiros (Filosofía do Tíbet: a Voz do Silencio)
• Como vivir a pesar da dor: medios humanos para tranquilizar a dor. O camiño do medio (Filosofía budista: sermón Benarés. Sutra do Diamante)
• Fundamentos da felicidade (Aristóteles e a filosofía grega. Ética a Nicómaco)
• A procura da unidade: contemplación e beleza (Filosofía neoplatónica: Plotino, Hypatia…)

Prácticas de psicoloxía para desenvolvemento de: atención, imaxinación, memoria, intelixencia… (a partir Tema III)

O ser humano e a sociedade:
• Orde e harmonía: a nivel individual e social (Filosofía chinesa. Confucio, Chuang Tse)
• Valores humanos na vida cotiá: familia, traballo, amizade… (Sabedoría exipcia: Ptahotep, Libro da saída da alma á luz do día)
• Fórmulas de convivencia . O mito da caverna. (A República de Platón)
• Destino e liberdade. (Filosofía estoica: Séneca, Epícteto, Marco Aurelio)

Nas clases proporciónase un resumo dos textos orixinais, bibliografía e, para que os alumnos poidan profundar no estudo, dispoñemos dunha biblioteca especializada con libros de filosofía , historia , mitoloxía , arte, #etc …

Prezo: Cota mensual 30 euros
Duración: 40 horas
Metodoloxía: unha clase por tema de dúas horas, un día á semana.