Consegue a túa entrada: Aquí

Achega voluntaria: 1 kg de comida non perecedoira que se doará ao Banco de Alimentos de Vigo.

Charla aberta

Venres, 9 de febreiro de 2018, ás 19:30 h

CONTIDO:

Que valor teñen as nosas eleccións? Algunha vez reflexionaches sobre a consecuencia de cada decisión na túa vida? Nese encontro falaremos sobre valiosos ensinos da filosofía para guiarnos nas nosas decisións. Como a sabedoría de todos os tempos pode ser unha ferramenta práctica para axudarnos a elixir aquilo que realmente nos convén ou para tomar decisións que nos axuden a construír a vida que desexamos.