Venres 17 de xuño, de 19:00 A 21:00 horas.
LUGAR: Avda. Gran Vía,2 – 3º E; VIGO.
Presencial. Aforo limitado.

“Sinuhé, o exipcio” é unha novela histórica de Mika Waltari, un escritor finlandés moi prolífico. A súa trama transcorre no Antigo Exipto.

O protagonista toma o nome dun antigo texto exipcio coñecido comunmente como “Historia de Sinuhé”, que data dunha era moi anterior á de Akenatón.
Sinuhé, ancián e exiliado na costa do Mar Roxo, lembra os eventos da súa vida, na era do faraón Akenatón (1353-1336 a. C.), nesta novela narrada en primeira persoa.
A súa voz é cínica, amarga e decepcionada, pero enfróntase ao relato dunha vida apaixonante: a súa infancia como orfo adoptado por un médico, o seu traballo como médico da corte real, a súa historia de amor coa fabulosa Nefernefernefer, a traizón que lle rompeu o corazón, o exilio, as viaxes, a súa nova relación romántica coa tráxica Merit…
A vida de Sinuhé atravesa Exipto, Siria, Creta ou Babilonia e, ao acompañalo, convertémonos en testemuñas de conspiracións e traizóns reais, rituais e fugas, tesouros, riquezas, amor e morte.