Venres 17 de maio, de 19:00 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada: https://bit.ly/49VZQke

Que farías se unha esfinge máxica puidese revelarche o día e a hora da túa morte? Atreveríasche a consultarllos? E se che dixese que ías morrer a semana próxima, que farías na túa última semana de vida?

Espero que nunca teñas que facer fronte a unha situación como esta, pero, en todo caso, o tema da morte sempre estivo presente na vida dos seres humanos, ata o punto de que moitos dos grandes pensadores considerárono o problema máis importante, o que máis nos define: somos seres conscientes de que imos morrer.

Pero non só nos preocupa a morte, senón tamén o envellecemento, pois na vellez vemos o destino inexorable que nos conduce á morte, o esgotamento da nosa enerxía vital e das ganas de seguir vivindo.

Achega voluntaria dun alimento non perecedoiro para o proxecto de voluntariado «1 quilo de sorrisos».