Os mitos desvélannos sempre ensinos que van máis aló do desenlace surrealista no que deuses, heroes e mortais interactúan entre si.
VENRES 14 DE OUTUBRO, DE 19:00 A 21:00 HORAS.
Presencial. Aforo limitado.
Rexístrate e consegue a túa ENTRADA GRATUÍTA: https://bit.ly/3RnYeY8
O mito de Eneas é un destes contos que hoxe destaca pola súa sorprendente actualidade. Déixanos unha gran lección, de valor e fortaleza, tan necesaria nestes tempos adversos que estamos a vivir.
Se é verdade que afouteza significa ‘botar o corazón por diante’, a Eneas seguramente non lle faltaba esta calidade. O heroe troiano, cuxo destino foi fundar os cimentos de Roma, é un símbolo de afouteza e un exemplo que merece a nosa atención. El enfrontouse a moitos obstáculos, coñeceu o medo, a incerteza e a dor; con todo, non se rendeu, senón que seguiu loitando. Sufriu moitas perdas e ata rozou a morte, pero aprendeu dos seus fracasos, aceptou o seu destino e comprometeuse a cumprilo, a pesar dos esforzos que isto supoñía.
As súas aventuras, agrupadas en «A Eneida» de Virgilio, empezan coa caída de Troia a mans dos gregos. Xa desde os primeiros tráxicos momentos, mentres a súa amada cidade arde baixo un lume destrutor, Eneas, fillo da deusa Venus e do mortal Anquises, dá mostra de gran fortaleza. Esta exprésase en forma de resistencia ante o inimigo, pero tamén en forma de aceptación. Eneas asume a derrota, recoñécea como etapa necesaria da súa existencia. Pero á vez renace a partir desta, tal e como das cinzas de Troia está destinada a renacer unha nova e potente cidade. O lume ten este gran poder renovador: destrúe o vello para que algo novo poida volver xurdir. Así, Eneas reacciona fronte á desgraza de perder a súa casa, aos seus amigos, á súa querida Creúsa; colle ao seu pai Anquises nas súas costas e, xunto ao que queda de Troia e dos troianos, prepárase para enfrontar os perigos do mar e as moitas dificultades que o separan da súa «terra prometida».
Leave A Comment