Venres 24 de marzo, ás 19:00 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3j16IZm

José Calvo Poyato é doutor en Historia Moderna, e preséntanos un impactante thriller histórico:

Alexandría, Exipto, século IV: Os cristiáns fanse co control da sociedade deixando ao carón aos sabios e filósofos que cultivan e manteñen a sabedoría clásica que fixo de Alexandría unha referencia do coñecemento. Neste mundo, a moza Hipatia, matemática e astrónoma de refinada cultura, non dubida en desafiar á Igrexa. Tanto a súa tráxica morte como o silencio que caeu sobre ela foron o alto prezo que houbo de pagar, pero non o único.

Exipto, tras a Segunda Guerra Mundial: Uns valiosos códices con máis de mil cincocentos anos de antigüidade son atopados casualmente por uns campesiños. Un xornalista, unha axente retirada dos servizos secretos británicos e un reputado investigador buscarán os lazos entre os sucesos actuais cos acaecidos na época de Hipatia. O valor dos códices non é só arqueolóxico. Hai quen está disposto a asasinar para facerse con eles.

Unha novela sorprendentemente actual que reivindica o diálogo e a tolerancia fronte ao fanatismo dos que pretenden impoñer a súa dogma.