Venres 26 de xullo, ás 19:00 horas !

Presencial. Aforo limitado.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/4dHVbpj

Escrita entre 1879 e 1880, Os IRMÁNS KARAMÁZOV é a última novela que escribiu Fiódor Dostoyevski (1821-1881) e supón unha síntese de todas as inquietudes existenciais do autor.

A súa complexa galería de personaxes está presidida por Fiódor Karamázov, o pai, ruin, hipócrita, avaro, cínico e libertino, e polos seus descendentes:

Dmitri, sensual, orgulloso e cruel, pero tamén xeneroso e capaz de trazos de bondade e sacrificio;

Iván, un intelectual escéptico que nega a existencia de Dios e o amor ao próximo;

Aliosha, un cristián místico que opón ao humanitarismo revolucionario e ao nihilismo o amor a Deus e ao próximo, aínda que tampouco é inmune ás sensacións turbias que o invaden,

e finalmente Smerdiakov, o cínico e perverso fillo natural, carente de todo sentido de responsabilidade moral.

A obra, que ten un dos seus puntos culminantes co soado relato do Gran Inquisidor, reflicte unha concepción do home como campo de batalla no que loitan Deus e o Diaño, o ben e o mal.