celtas

Audiovisual-coloquio

Venres 19 de decembro ás 20 h.

Entrada libre

 

O enorme mosaico que representa o pobo celta non é susceptible de ser definido fácilmente. Todas os seus gestas e historias eran narradas oralmente, e a escritura soamente usábase con fins máxicos, así que non temos documentos directos como no caso dos seus contemporáneos gregos ou romanos. A fonte clásica máis importante que temos é a de Xullo César, coa súa obra A Guerra das Galias.
Non construíron grandes pontes nin murallas, nin deixaron obras escritas porque daban máis importancia ao ensino oral que á letra morta. Os seus templos tiñan un teito de estrelas, chan de terra e, como paredes, os bosques de encinas. Con todo, deixaron unha forma de pensar e un folclore que alimentou a Europa como un río subterráneo durante a Idade Media, e ata agora conservamos numerosos vestixios seus na cultura popular.