Reserva a túa praza (Móbil/Whatsapp/Telegram) : 620972419
Presentación gratuíta do curso:  Martes 16 de xaneiro de 2024, ás 19:00 horas.
Presencial. Prazas limitadas.

Neste curso práctico descubriremos os fundamentos da técnica fotográfica.
Tamén aprenderemos a manexar a nosa cámara con eficacia.
Realizaremos exercicios fotográficos que estimularán a nosa creatividade e a nosa afección á fotografía.

DESTINATARIOS:
Persoas ás que lles guste a fotografía, pero carezan de coñecementos técnicos e queiran coñecer as posibilidades da súa cámara e do medio fotográfico: os únicos requisitos son as gañas de aprender e de facer mellores fotos.