Presentación gratuíta: VENRES 10 DE FEBREIRO DE 19:00 A 19:30 HORAS.

Horario do Curso: venres 17 e sábado 18 de febreiro, de 18:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consigue a túa entrada: https://bit.ly/3Ck7VBe

* Obxectivos:

Adquirir os coñecementos básicos para a xeración dun discurso efectivo.

Ferramentas para lograr unha comunicación efectiva.

Manexo de tempos, espazo e auditorio para lograr o éxito na comunicación.

Lograr un correcto manexo da voz e da linguaxe corporal.

Contidos:

Que é a oratoria, para que serve, obxectivos do programa.

Comunicación efectiva do orador.

Bases para a preparación dun discurso.

Etapas do discurso.

Obxectivos do orador.

Temor oratorio (causas e técnicas de superación).

Linguaxe gestual e o seu significado.

Fonética, a importancia da voz.

A respiración.

Recursos para o manexo do auditorio.

Manexo do espazo. Manexo dos tempos.

* A quen está dirixido:

A todos aqueles interesados en mellorar as súas habilidades de comunicación con e cara aos demais.

A persoas que polas súas actividades laborais necesiten desenvolverse correctamente en publico, sexa mediante charlas, discursos, conferencias, exposicións, presentacións ou clases.

A quen actualmente detecten que posúen bloqueos emocionais que inferen negativamente nas súas exposicións orais.

A persoas que requiran adquirir habilidades orais para inserirse en mercados laborais competitivos.

A todos aqueles que desexen mellorar a súa voz e optimizar o manexo da súa linguaxe corporal.