Martes 23 de xaneiro, de 19:00 a 20:00 horas.

Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3tLP2pQ
Presencial. Prazas limitadas.

Neste curso práctico descubriremos os fundamentos da técnica fotográfica.
Realizaremos exercicios fotográficos que estimularán a nosa creatividade e a nosa afección á fotografía.
E tamén aprenderemos a manexar a nosa cámara con eficacia.

DESTINATARIOS:
Persoas ás que lles guste a fotografía, pero carezan de coñecementos técnicos e queiran coñecer as posibilidades da súa cámara e do medio fotográfico.
Os únicos requisitos son as gañas de aprender e de facer mellores fotos.