Baseada na novela homónima de Orwell, un home tenta conservar a esperanza nunha sociedade represiva e controlada polo Gran Irmán.
VENRES, 10 de DECEMBRO de 2021, de 19:00 a 21:00 horas.
Por que a inquietante novela «1984» de George Orwell pode tratar sobre a nosa época!
Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa ENTRADA: https:// bit. ly/3 G3 zLkx
«1984», a claustrofóbica fábula do totalitarismo de George Orwell, aínda produce impacto. En primeiro lugar, porque recoñecemos o que describe.
O dobre pensamento, manter dúas ideas contraditorias ao mesmo tempo; A Policía do Pensamento; o Ministerio do Amor, que se ocupa da dor, a desesperación e aniquila a todo disidente; o Ministerio da Paz que desata a guerra; as máquinas dedicadas a escribir novelas que producen pornografía coa que subornar ás masas.
Orwell abriunos os ollos a como funcionan os réximes totalitarios.
Pero hoxe podemos ter unha visión diferente de «1984», cunha aprehensión ansiosa e utilizando a obra para medir ata que punto nós, as nosas nacións e o mundo situámonos/situámosnos na estrada ao inferno que describiu o escritor británico.
Posiblemente profético!
Leave A Comment