Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/49iP47j
Úneche á acción pola Terra!
Este Día Mundial da Terra, fagamos algo máis que celebrar: fagamos un cambio!

Convidámosche a participar en “Limpar paseando”, unha actividade de voluntariado ecolóxico onde xuntos limparemos os nosos espazos naturais e gozaremos dun roteiro de sendeirismo ata o monte Galiñeiro.

Cando?
Sábado 20 de abril, de 9:00 a 14:00
Onde?
En Praza de España, ás 9 da mañá.
Que necesitas?
-Roupa cómoda e botas de montaña
-Luvas de xardinería (opcional)
– Gorra e chubasquero
-Botella de auga e algo de comida
-Moitas ganas de coidar o noso planeta!
Que faremos?
-Percorreremos o roteiro ata o monte Galiñeiro recollendo residuos e lixo
-Gozaremos do aire libre e a beleza da nosa contorna
-Aprenderemos sobre a importancia de coidar o medio ambiente
-Compartiremos un momento agradable con outros voluntarios
– Alcanzaremos a cima do monte Galiñeiro e gozaremos das incribles vistas da ría de Vigo
Por que participar?
– Contribuír a un planeta máis limpo e saudable
– Concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente
– Gozar dun roteiro de sendeirismo por unha contorna natural
– Compartir un momento agradable con outros voluntarios
– Descubrir as vistas panorámicas desde o monte Galiñeiro
Non te perdas esta oportunidade de facer un cambio pola Terra!
Esperámosche!