Venres, 22 de abril, de 19:30 a 21:00 horas.
Consegue a túa entrada gratuíta aquí: https://bit.ly/37Ov4zf
Presencial. Aforo limitado.
Celebraremos o Día Internacional da Terra coñecendo a vida das abellas.
Acerca deste evento
Unha actividade pensada para destacar os aspectos máis sorprendentes da vida das abellas: como viven, como se organizan, que traballos desempeñan, como se comunican ou que tipos de produtos elaboran.
O traballo e o comportamento apaixonado das abellas interesou ao ser humano desde a máis remota antigüidade.
As abellas melíferas son de alto interese non só como elaboradoras de mel e outros produtos da colmea senón tamén como insubstituíbles polinizadoras, garantindo así a biodiversidade e o optimo desenvolvemento dos nosos ecosistemas.
Nesta visita explícase de forma interesante, amena e educativa:
- Vida e obra das abellas, a importancia da polinización e o seu impacto nos ecosistemas e a biodiversidade.
- De forma mais etnográfica exponse tamén a relación do ser humano coas abellas, a cera e o mel través dos tempos,
Leave A Comment