Celebraremos o Día Internacional da Nai Terra coñecendo a vida das abellas.

Domingo 23 de abril de 10:00 a 13:00 horas.

RESERVA A TUA PRAZA:  620 972 419  (whatsapp)

Acerca deste evento:

Unha actividade pensada para destacar os aspectos máis sorprendentes da vida das abellas: como viven, como se organizan, que traballos desempeñan, como se comunican ou que tipos de produtos elaboran.

O traballo e o comportamento apaixonado das abellas interesou ao ser humano desde a máis remota antigüidade.

As abellas melíferas son de alto interese non só como elaboradoras de mel e outros produtos da colmea senón tamén como insubstituíbles polinizadoras, garantindo así a biodiversidade e o optimo desenvolvemento dos nosos ecosistemas.

Nesta visita explícase de forma interesante, amena e educativa:

​​Vida e obra das abellas, a importancia da polinización e o seu impacto nos ecosistemas e a biodiversidade.
De forma mais etnográfica exponse tamén a relación do ser humano coas abellas, a cera e o mel través dos tempos.