María Montessori foi unha médica, pedagoga, psiquiatra e filósofa, ademáis de humanista, activista feminista, sufragista e católica italiana.

Venres 3 de marzo, ás 19:30 horas.

¡ CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER !

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3RC16kV

A unha idade temperá, Montessori rompeu as barreiras e expectativas de xénero cando se inscribiu en clases nunha escola técnica para homes, coa esperanza de converterse en enxeñeira.

Pronto cambiou de parecer e comezou medicina na Universidade de Roma ‘A Sapienza’, onde se graduou, con honras, en 1896, aos 26 anos, e converteuse nunha das primeiras mulleres médicos en Italia.

Posteriormente como educadora foi coñecida pola filosofía da educación que leva o seu nome, e os seus escritos sobre pedagoxía científica. O seu método educativo úsase hoxe en día en moitas escolas públicas e privadas de todo o mundo