Venres 23 de febreiro, de 19:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3HTX7Mx

Achega voluntaria dun kg. de alimentos non perecedoiros, para o proxecto “Un quilo de sorrisos”.

Muller polifacética e libre pensadora, amosou que era posible escribir en galego ademais de loitar pola emancipación da muller.

Novas investigacións rompen o estereotipo triste e melancólico de Rosalía de Castro, e preséntannola como unha intelectual alegre, diversa, que practicaba o teatro, a declamación e a música. Unha pensadora que logra denunciar na súa poesía a exclusión feminina, a pobreza infantil, a opresión da lingua galega, o analfabetismo, i, en definitiva, a opresión de todo un pobo.

A súa filosofía e poesía, inseparables, responden ós canons das obras de denuncia e compromiso social e político.