Luns 8 de abril, de 19:00 a 20:00 horas.

Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3SIo9vai

Descobre como expresar por escrito a túa voz interior!!

Inscrición aberta. Presencial. Prazas limitadas.

Ten como obxectivo mellorar as túas habilidades para desenvolver argumentos, escribir textos con estrutura expositiva e ter recursos persuasivos desde a creatividade literaria.

Impartido por José Carrera (escritor).

TEMARIO NIVEL BÁSICO

-Atopa a túa visión: Cada un é quen é e escribe o que quere transmitir. Voces únicas.

-Todo é literatura: A narración como modo de entender o mundo.

-Describir: O poder dos sons, das imaxes, das descricións. Aprender a describir «o que vemos, o que sentimos».

-Inspiración: Onde descubrir unha historia. Fuentes de inspiración, noticias, outros relatos, anécdotas, historias familiares, soños etc.

-O relato curto como xénero en si mesmo.

-Narración: Xéneros. Comedia. Drama. Histórica. Biografía. Misterio. Fantasía. Sagas etc.

-Distribución das historias: Formulacións atractivas. Nó. Que a parte central non decaia. Desenlaces memorables.

-Personaxes: A clave está nos detalles. Definición polas súas palabras, polas súas accións, pola súa historia. Como crear personaxes únicos e memorables.

-Publicar ou non?: Onde facelo, con quen, como presentarse a concursos literarios.