VENRES, 22 DE OUTUBRO DE 2021, DE 19:30 A 21:00

Presencial – aforo limitado.
Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/3AwlSIr
Vocación vén do latín vocatio, acción de chamar. É algo ó que hai que responder. Un instinto da alma.
Os mozos enfróntanse ó terrible abismo de ter que tomar decisións sobre a súa vocación nun momento no que lles faltan moitos datos sobre si mesmos para facelo. A elección das carreiras universitarias, ou as formacións profesionais han de responder a un camiño de coñecemento persoal profundo, sen o cal é imposible falar dunha VOCACIÓN. O futuro ha de construírse desde o eterno presente: non é tanto “¿Qué quero ser?”, como “¿Qué SON?”, acompañado dunha escoita atenta e sabia dos impulsos sutís que nos levan a atopar o noso lugar e a nosa función no mundo.