VENRES, 5 DE NOVEMBRO DE 2021, DE 19:30 A 21:00

Trázase un paralelismo entre a gaivota que non se resigna a unha vida rutineira e aquelas persoas con inquedanzas que buscan respostas.

Charla gratuíta. Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3aWRlt4
Xoán Salvador Gaivota móstranos diferentes etapas do desenvolvemento humano, exponnos preguntas atemporais, fainos reflexionar sobre nós mesmos, sobre as circunstancias, sobre o mundo.
Nas preguntas e reflexións que pode espertarnos Xoán lévanos do Qué son? ao Quén son? , do Qué fago? ao Qué podo facer? , de vivir no chan para vivir no ceo… preguntas que algunha vez cuestionáchesche.
O camiño do heroe reflectido na procura da excelencia na superación da circunstancia ou probas e que con e a través delas o protagonista crécese tratando de alcanzar os seus soños.
Trataremos de extraer de Xoán Salvador Gaivota ensinos para que nos creza a alma.