Xoves 17 de xullo -20 h.

Entrada libre

Quen non sentiu medo algunha vez? El fai a súa aparición cando menos necesitamos que o faga, con tan só uns poucos minutos na nosa mente xa pode apoderarse de nós e cando nos decatamos da súa presenza, xa é demasiado tarde e el xa ten o control absoluto. Nesta conferencia-coloquio abordaremos as distintas situacións en que se presenta o medo e como aprender a enfrontalo.