Conferencia-coloquio no 50 Aniversario da súa morte.

Venres 26 de outubro de 2018 ás 19:30 h.

Entrada gratuíta

Coñeceremos máis dos valores, a vida e o exemplo do Dr. Martin Luther King no 50 aniversario da súa morte.

Coñeceremos os seus ideais, os seus valores, a súa vida e legado, así como o seu libro Fortaleza para amar, que contén unha boa parte das súas ideas, recollidas durante os anos tumultuosos da loita polos dereitos civís. Coñeceremos o compromiso do Dr. King coa xustiza e coa dimensión intelectual, moral e espiritual na que baseou a súa filosofía e a súa visión dun mundo conformado polo amor fraternal.