¿hacia dónde se dirige nuestro mundo?
Como de costume, ante esta pregunta, xorden dúas posicións radicais, opostas e irreconciliables: o pesimismo máis grande e desesperanzado e o optimismo máis fantástico e inxenuo. O inferno ou o paraíso.

Para o optimismo sen concesións, o noso mundo segue unha liña recta ascendente, na cal non se ven accidentes de importancia. A creación e o progreso son constantes. Hoxe mellor que onte e peor que mañá? Xamais un tropezo, un problema grave; ao contrario todo é amor e comprensión na bienavenida familia humana.

Os choques, enfrontamentos i erros son apenas travesuras sen maior transcendencia, fáciles de emendar con boa vontade e un sorriso. A única sombra que opaca este feliz panorama é precisamente a xente que non comparte esta posición, os negros augurios que entorpecen a alegría inconsciente de quen ven ou interpretan as cousas como máis lles satisfai. É como ir pola Historia sen apenas deixar pegada.

Desde o punto de vista pesimista a civilización precipítase en caída libre. Hoxe é peor que onte e mellor que mañá., A corrupción do xénero humano é evidente e apúntanse cono causas varias razóns; entre elas os fallos estrictamente espirituais ou máis concretamente o alejamiento dunha ou outra forma relixiosa, a incomprensión dunha ou outras forma sociopolítica.

Así mesmo a ciencia é nefasta: a maiores coñecementos, maiores son os desastres e peor é a aplicación que o home fai deses coñecementos. A arte é apenas a vulgar exacerbación dos sentidos… Estamos ante o desastre total; todo vai mal e nada ten solución. Só queda esperar o fin do mundo. A gran catástrofe sobre a que abundan predicciones de todo tipo dentro da ampla gama do negativo.

Por iso, preguntámonos unha vez máis:

Cara a onde vai o noso mundo? Só temos estas dúas posibilidades, estas dúas únicas formas de enfocar a vida, a nosa vida actual?

Si analizamos desapasionadamente o noso tempo é imposible evitar a idea de crise. Hai moitas cousas rotas, inútiles, esquecidas ou perdidas, superadas, desgastadas… Hai en todos unha gran ansiedade de cambio, pero non se sabe moi ben que é o que se quere cambiar nin en que dirección se abren os cambios máis viables.

A moral atemporal, ese sentimento de ser máis aló do presente existir, dilueuse nas conciencias, ou ben dormita nas profundidades do inconsciente, ou ben asoma de cando en vez sen facerse oír entre as multitudes desorientadas. A beleza, o valor, a honestidade, a finura do bo gusto, a delicadeza do amor, a espiritualidad, en fin, esconden como lacras vergonzosas tralos harapos da moda, as ironías, a grosería e a violencia.

Á primeira ollada advírtese a agresividade individual e colectiva, a intolerancia absoluta, o desprezo dos uns polos outros e o desexo de vinganza en todos os planos.

Entón, non hai nin unha pequena físgoa de luz?

Claro que si. Hai luz mentres podamos pensar no que sucede, analizar o que estamos vendo e extraer experiencias de todo iso. Hai luz mentres conservemos a capacidade de soñar cun mundo novo e mellor, á vez que ejercitamos a vontade para convertelo en realidade. Haina mentres sigamos lendo as páxinas sempre vivas e actuais da Historia, onde aprendemos que, ata agora, sempre superamos os momentos máis amargos e difíciles. Así o maior optimismo exprésase como fortaleza e intelixencia para sortear os erros repetidos e renovarse nos acertos.

Cara a onde se dirixe o noso mundo?: cara ao seu propio destino; e nós os homes non somos alleos a iso. É hora de facerse unha nova pregunta: son capaz de participar activamente nesta empresa? No “si” da resposta está a posibilidade de facelo. É a hora.

Delia Steinberg Guzmán