MÉRCORES 19 DE XANEIRO DE 2022, DE 19:00 A 20:00 HORAS.
Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3BTHYph
O escritor de cinema e televisión é o primeiro que soña ou aluma a película.
Presentación gratuíta. Taller presencial.
O taller pretende ser unha introdución a esta forma particular de escritura: cada guion esixe unha forma distinta, unha maneira nova de escribirse. O taller presupón que as historias non se crean, descóbrense, e que os personaxes non se inventan, coñécense. Con ese pensamento en mente, farémonos algunhas preguntas: que diferenza á palabra fronte á imaxe? Que é un guionista? Como se conta unha historia en imaxes?
En particular, centrarémonos nos mecanismos para escribir escenas: os problemas máis comúns; a función do escenario, do espazo e da elipsis; linguaxe, ritmo, efectos; a escritura e reescritura de diálogos. Seguiremos o proceso concreto de escritura dunha escena, desde os seus borradores ata a versión filmada, para ver de que maneira a escena vai crecendo en sucesivas reescrituras; e como os ensaios, a rodaxe e a montaxe pódense entender como reescrituras dunha escena aberta.
José Carrera é escritor, novelista e guionista. Nesta última faceta escribiu os guións de “A cidade do diñeiro” (Camarote Films-2002), “As palabras perdidas” (adaptación-2009) e colaborado na reescritura e posta a piques de diferentes episodios en series de ficción en diferentes televisións autonómicas .
Temario:
4 meses aproximadamente. (1 día de clase por semana)
-Que son os guións
-O conflito. O ADN do guion
-Barreiras, barreiras… Dádeme barreiras.
-Ese momento inevitable, o final
-A comedia. O drama. O thriller e a intriga
-O diálogo
-A estrutura dunha longametraxe
-O uso do tempo cinematográfico
-Series: da premisa á tempada
-Tramas e subtramas
-Dirixir mentres escribes.
-Ritmo e tempo cinematográfico.
-O segundo acto dunha longametraxe: a travesía polo deserto
-Ábreche de orellas: escribir cos sentidos
-O guionista organízase
-A adaptación e outros formatos.
Leave A Comment