PRESENTACIÓN GRATUÍTA: VENRES 12 DE MAIO, DE 19:00 A 19:30 HORAS.

Horario do Curso: venres 19 e sábado 20 de maio, de 18:30 a 21:00 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada: https://bit.ly/3ArlcXm

* Obxectivos:

Adquirir os coñecementos básicos para a xeración dun discurso efectivo.
Incorporar estratexias que permitan realizar un correcto uso das ferramentas para lograr unha comunicación efectiva.
Manexo de tempos, espazo e auditorio para lograr o éxito na comunicación.
Lograr un correcto manexo da voz e da linguaxe corporal.

* Contidos:

Que é a oratoria, para que serve, obxectivos do programa.
Comunicación efectiva do orador.
Bases para a preparación dun discurso.
Etapas do discurso.
Obxectivos do orador.
Temor oratorio (causas e técnicas de superación).
Linguaxe gestual e o seu significado.
Fonética, a importancia da voz.
Vicios elocutivos.
A respiración.
Recursos para o manexo do auditorio.
Tipos de auditorio, roles, como manexar diferentes personalidades.
Manexo do espazo. Manexo dos tempos.

* A quen está dirixido:

A todos aqueles interesados en mellorar as súas habilidades de comunicación con e cara aos demais.
A persoas que polas súas actividades laborais necesiten desenvolverse correctamente en publico, sexa mediante charlas, discursos, conferencias, exposicións, presentacións ou clases.
A quen actualmente detecten que posúen bloqueos emocionais que inferen negativamente nas súas exposicións orais.
A persoas que requiran adquirir habilidades orais para inserirse en mercados laborais competitivos.
A todos aqueles que desexen mellorar a súa voz e optimizar o manexo da súa linguaxe corporal.