Sábado 22 de xuño todo o día.
Dificultade baixa – Inscrición previa.
A Serra de O Courel é, en palabras do poeta galego Uxio Novoneyra, un lugar onde “sente ben o pouco que é un home” pola súa grandiosidade e beleza.
Moi illada durante centos de anos polo seu difícil acceso, propiciou que aínda a día de hoxe, cando nos penetramos nesta serra, teñamos a sensación de estar a realizar unha viaxe no tempo. E é que visitar Courel é visitar unha parte importante da historia de Galicia. Nas súas entrañas podemos atopar pobos que parecen conxelarse no tempo.
A súa vexetación é moi diversa e nela aparecen formacións boscosas de carballo, tezo, acivro, haxa ou bidueiro. A dehesa é o tipo de bosque máis característico deste lugar, destacando a chamada Devesa de Rogueira. A Serra de O Courel é un dos principais pulmóns de Galicia.
Leave A Comment