Presentación nivel básico: Luns 15 de Xaneiro de 2024, de 19:00 a 20:00 horas.
Consegue a túa entrada para a presentación gratuíta: https://bit.ly/3ZuMUOx
Taller: 12 clases de 1:30 horas. Un día á semana: luns de 19:00 a 20:30 horas.
Presencial. Prazas limitadas.
Inscrición aberta.
O obxectivo destes Talleres de Escritura Creativa é o de estimular a creatividade e conseguir que a imaxinación atope o camiño de saída dese complicado labirinto que todos levamos dentro.
Descobre cómo expresar por escrito a túa voz interior!!
Impartido por José Carrera (escritor)
TEMARIO NIVEL BÁSICO
- Atopa a túa visión: Cada un é quen é e escribe o que quere transmitir. Voces únicas.
- Todo é literatura: A narración como modo de entender o mundo.
- Describir: O poder dos sons, das imaxes, das descricións. Aprender a describir “o que vemos, o que sentimos”.
- Inspiración: Onde descubrir unha historia. Fontes de inspiración, noticias, outros relatos, anécdotas, historias familiares, soños, etc.
- O relato curto como xénero en si mesmo.
- Narración: Xéneros. Comedia. Drama. Histórica. Biografía. Misterio. Fantasía. Sagas, etc.
- Distribución das historias: Formulacións atractivas. Nó. Que a parte central non decaia. Desenlaces memorables.
- Personaxes: A clave está nos detalles. Definición polas súas palabras, polas súas accións, pola súa historia. Como crear personaxes únicos e memorables.
- Publicar ou non?: Onde facelo, con quen, como presentarse a concursos literarios.
Leave A Comment