Presentación gratuíta (primeira media hora)
- Inicio nivel básico: Luns 12 de abril ás 19:00 horas.
- 12 clases de 1:30 horas. Un día á semana: luns de 19:00 a 20:30 horas.
Inscrición aberta.
O obxectivo deste Taller de Escritura Creativa é o de estimular a creatividade e conseguir que a imaxinación atope o camiño de saída dese complicado labirinto que todos levamos dentro.
Descobre como expresar por escrito a túa voz interior!!
Impartido por José Carrera (escritor)
TEMARIO
Atopa a túa visión: Cada un é quen é e escribe o que quere transmitir. Voces únicas.
Todo é literatura: A narración como modo de entender o mundo.
Describir: O poder dos sons, das imaxes, das descricións. Aprender a describir “o que vemos, o que sentimos”.
Inspiración: Onde descubrir unha historia. Fontes de inspiración, noticias, outros relatos, anécdotas, historias familiares, soños, etc.
O relato curto como xénero en si mesmo.
Narración: Xéneros. Comedia. Drama. Histórica. Biografía. Misterio.Fantasía. Sagas, etc.
Distribución das historias: Formulacións atractivas. Nó. Que a parte central non decaia. Desenlaces memorables.
Personaxes: A clave está nos detalles. Definición polas súas palabras, polas súas accións, pola súa historia. Como crear personaxes únicos e memorables.
Publicar ou non?: Onde facelo, con quen, como presentarse a concursos literarios.
Leave A Comment