Presentación gratuíta: venres 20 de marzo ás 18:00 horas.
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos básicos para a xeración dun discurso efectivo.
Incorporar estratexias que permitan realizar un correcto uso das ferramentas para lograr unha comunicación efectiva.
Manexo de tempos, espazo e auditorio para lograr o éxito na comunicación.
Lograr un correcto manexo da voz e da linguaxe corporal.
Contidos:
Que é a oratoria, para que serve, obxectivos do programa.
Comunicación efectiva do orador.
Bases para a preparación dun discurso.
Etapas do discurso.Obxectivos do orador.
Temor oratorio (causas e técnicas de superación).
Linguaxe gestual e o seu significado.
Fonética, a importancia da voz.
Vicios elocutivos.
A respiración.
Recursos para o manexo do auditorio.
Tipos de auditorio, roles, como manexar diferentes personalidades.
Manexo do espazo. Manexo dos tempos.
A quen está dirixido:
A todos aqueles interesados en mellorar as súas habilidades de comunicación con e cara aos demais.
A persoas que polas súas actividades laborais necesiten desenvolverse correctamente en publico, sexa mediante charlas, discursos, conferencias, exposicións, presentacións ou clases.
A quen actualmente detecten que posúen bloqueos emocionais que inferen negativamente nas súas exposicións orais.
A persoas que requiran adquirir habilidades orais para inserirse en mercados laborais competitivos.
A todos aqueles que desexen mellorar a súa voz e optimizar o manexo da súa linguaxe corporal.
Dinámica de traballo:
O Programa inclúe a utilización de múltiples ferramentas pedagóxicas para os efectos de facilitar a incorporación de conceptos por parte dos asistentes:
Exposicións Teóricas
Dinámicas de Sala (Grupais/Individuais)
Películas/Vídeos
Prácticas de Oratoria en Clase
Bibliografía
……………………
Leave A Comment