Presentación gratuíta primeira media hora: xoves 16 de abril ás 19:00 – 19:30 horas.

Inicio taller: xoves 16 abril de 19:00 a 21:00 horas.

Duración: 12 – 14 clases de 19:00 a 21:00 horas.

TEMARIO

1. Colleitando ideas
Empezarás descubrindo onde podes atopar ideas inspiradoras que se convertan no xerme da túa próxima novela.
2. Un bo argumento
Aprenderás que do acertado do argumento depende o éxito da novela, a aceptación do lector. Un bo argumento é mesmo máis
importante que unha boa escritura.
3. Planificando a trama
Descobre cal é a estrutura clásica dunha trama e como podes aplicala a calquera das túas ideas en proceso.
4. Personaxes inesquecibles
É o momento de que decidas quen é o protagonista da túa historia e que personaxes van levar o peso da acción.
5. Narrador e punto de vista
O narrador é unha figura que, como escritor, interpoñerás entre ti e o lector. Será el quen conte a historia e neste módulo aprenderás como
traballalo a conciencia.
6. Diálogos
O diálogo é parte fundamental de calquera historia e ten varias funcións. Vas aprendelas todas ao longo deste módulo.
7. Traballando a trama
Chegou a hora de preparar o armazón da túa novela para empezar a construír sobre el. Coñecendo o esquema preliminar, é o momento de definir o conflito e outros elementos importantes que sustentan a trama da túa novela.
8. Estruturas narrativas
Estudarás diferentes tipos de inicio e estrutura para a túa novela. Así poderás elixir a que mellor se adapte á historia que queres escribir. Para seguir profundando verás en que consisten algúns elementos que sustentan a trama e reálzana, así como estruturas de apoio.
9. Capítulos e escenas
Neste módulo descubrirás os compoñentes máis pequenos que forman a túa novela, así como a ordenalos e desenvolvelos.
10. Causalidade, nunca casualidade
Non é fácil deixar claro por que suceden as cousas nunha obra de ficción, verdade? Neste módulo aprenderás a facelo de forma coherente.
11. Dosificación da información
Verás que, entre tanta información, sempre hai que elixir que contar e que non, para que o teu lector poida discernir que é o realmente importante.

Inscríbete