taller.organizacion.personal

Inicio: xoves 15 de febreriro de 2018 ás 19 h.

10 clases de 2 h. Un día por semana de 19 a 21 h.

Imparte: Marcos Suárez.

Acción formativa:

Organización persoal co método GTD ( Getting Things Doe) e a súa relación coas TIC

A diario necesitamos decidir sobre os nosos compromisos. Estes inclúen tarefas, citas, ideas, proxectos, obxectivos, metas e propósitos, así como a documentación e materiais asociados. Todo iso constitúe un ecosistema persoal a organizar.

Como organizamos este escenario? Almacenando na nosa cabeza, creando listas, usando o calendario, a axenda, aplicacións, recordatorios, notas na neveira, etc. Diferentes mecanismos que fomos integrando nas nosas vidas porque resolven aínda que sexa de forma parcial.

A organización vólvese poderosa se a construímos desde a base e desenvolvémola con sentido. Para despois coñecer os seus elementos e visualizar as relacións que existen entre eles. E así finalmente comprender a totalidade do sistema. Iso si, aproveitando o que xa tiñamos.

Nesta acción formativa quero mostrarvos un método que ofrece un cambio real de paradigma organizativo, que é transversal (por útil a calquera), integral (por inclusivo para múltiples elementos), natural (se amolda ao individuo) e coherente (construído desde a base): GTD acrónimo de “ Getting Things Doe”

Os obxectivos desta acción formativa son: Facer reflexionar sobre o estado organizativo persoal. Visualizar e comprender GTD. Mostrar unha xanela á posibilidade de cambio. Fomentar a atención plena.

Os destinatarios son todas aquelas persoas que queiran darlle unha volta de porca á súa organización persoal.

Inscríbete