Presentación gratuíta: mércores 17 de Xaneiro de 2024, de 19:00 a 20:00 horas.

Presencial. Aforo limitado. Consegue a túa entrada gratuíta: https://bit.ly/46I8YgT

Duración: 12 – 14 clases de 19:00 a 20:30 horas.

TEMARIO:

1. Colleitando ideas
Empezarás descubrindo onde podes atopar ideas inspiradoras que se convertan no xerme da túa próxima novela.
2. Un bo argumento
Aprenderás que do acertado do argumento depende o éxito da novela, a aceptación do lector. Un bo argumento é mesmo máis
importante que unha boa escritura.
3. Planificando a trama
Descobre cal é a estrutura clásica dunha trama e como podes aplicala a calquera das túas ideas en proceso.
4. Personaxes inesquecibles
É o momento de que decidas quén é o protagonista da túa historia e que personaxes van levar o peso da acción.
5. Narrador e punto de vista
O narrador é unha figura que, como escritor, interpoñerás entre ti e o lector. Será el quen conte a historia e neste módulo aprenderás como traballalo a conciencia.
6. Diálogos
O diálogo é parte fundamental de calquera historia e ten varias funcións. Vas aprendelas todas ao longo deste módulo.
7. Traballando a trama
Chegou a hora de preparar o armazón da túa novela para empezar a construír sobre el. Coñecendo o esquema preliminar, é o momento de definir o conflito e outros elementos importantes que sustentan a trama da túa novela.
8. Estruturas narrativas
Estudarás diferentes tipos de inicio e estrutura para a túa novela. Así poderás elixir a que mellor se adapte á historia que queres escribir. Para seguir profundando verás en que consisten algúns elementos que sustentan a trama e a realzan, así como estruturas de apoio.
9. Capítulos e escenas
Neste módulo descubrirás os compoñentes máis pequenos que forman a túa novela, así como a ordenalos e desenvolvelos.
10. Causalidade, nunca casualidade
Non é fácil deixar claro por qué suceden as cousas nunha obra de ficción, verdade? Neste módulo aprenderás a facelo de forma coherente.
11. Dosaxe da información
Verás que, entre tanta información, sempre hai que elixir qué contar e qué non, para que o teu lector poida discernir qué é o realmente importante.