VENRES, 26 de NOVEMBRO de 2021, DE 19:00 A 21:00 horas

Por qué a inquietante novela “1984” de George Orwell pode tratar sobre a nosa época!
Presencial. Aforo limitado.
Consegue a túa entrada: https://bit.ly/30Z1wLY
Ler “1984”, a claustrofóbica fábula do totalitarismo de George Orwell, aínda produce impacto. En primeiro lugar, porque recoñecemos o que describe.
O dobre pensamento, manter dúas ideas contraditorias ao mesmo tempo; A Policía do Pensamento; o Ministerio do Amor, que se ocupa da dor, a desesperación e aniquila a todo disidente; o Ministerio da Paz que desata a guerra; as máquinas adicadas a escribir novelas que producen pornografía coa que subornar ás masas.
Orwell abriunos os ollos a cómo funcionan os réximes totalitarios.
Pero hoxe podemos facer unha lectura diferente de “1984”, cunha aprehensión ansiosa e utilizando a obra para medir ata qué punto nós, as nosas nacións e o mundo situámosnos na estrada ao inferno que describiu o escritor británico. Posiblemente profético!